Entre as actividades da Fundación Rac se inclúe a realización dun programa de residencias para artistas que pretende por unha banda, o achegamento dos creadores españois e internacionais ao ámbito cultural galego e por outra, a difusión das súas creacións artísticas a nivel nacional e internacional. Neste senso, a Fundación Rac pretende servir como polo de atracción para aqueles artistas interesados en trasladar temporalmente o seu ámbito de creación a Galicia co fin de desenvolver un traballo específico e baseado na súa relación ca contorna. Desta forma se pretende tamén promover o achegamento entre artistas e institucións culturais e educativas da comunidade galega.

Cada ano o Padroado da fundación selecciona a un artista invitado ao programa de residencias. A estancia ten unha duración variable en función do tipo de traballo e máis do proxecto proposto por cada artista. O programa inclúe ademais dos gastos de trasporte e de estancia, unha axuda para a produción das obras, así como a presentación do traballo realizado, na sede da fundación situada no centro histórico de Pontevedra. E mesmamente a fundación edita un catálogo que recolle tanto o proceso creativo de cada artista como os seus resultados.

Próximos artistas en residencia

Nicolás Paris (2020)
Amalia Pica (2022)